Youth Voices of Europe é o programa de mobilidade xuvenil creado pola Lug Open Factory con Erasmus+. Permite a mozas e mozos de dentre 18 e 30 anos pasar un tempo no extranxeiro e coñecer outros mozos e mozas europeos.
O obxectivo principal é dar aos mozos europeos unha voz real para que se fagan escoitar en diferentes ámbitos locais, nacionais e internacionais e crear colaboracións para dar forma ao futuro de Europa. Ata o momento creamos dous proxectos Erasmus+ que analizan dúas grandes preocupacións para a mocidade: Rural Voices of Europe e Animal Voices of Europe.
Utilizamos ferramentas de Design Thinking e formación tecnolóxica prestando especial atención aos mozos con menos posibilidades e co fin de desenvolver a súa creatividade activa, a súa participación democrática na comunidade, as habilidades cívicas e sociais.
MOZAS E MOZOS ENTRE 18 E 30 ANOS
Buscamos un cambio de pensamento na mocidade
Buscamos mozos e mozas con ganas de compartir a súa experiencia persoal e con ganas de desenvolver novas habilidades e desafiarse a sí mesmos.

Únete a nós!
Contacta con nós
INFORMACIÓN DE CONTACTO
escríbenos ou contáctanos nas nosas redes sociais



